Con motivo da celebración do 1º de maio, o Ministerio de Traballo e Economía Social puxo en marcha a campaña «España para quen a traballa», unha iniciativa orientada a reivindicar o valor dos traballadores e a visibilizar a contribución de todas as persoas traballadoras á construción e ao progreso do país.
A campaña pon o foco na necesidade de recoñecer e protexer os dereitos de quen traballan, con independencia da súa orixe. No noso país, o acceso a dereitos, a dignidade laboral e a igualdade de oportunidades son elementos fundamentais.
A través de distintas pezas e accións de comunicación, a campaña buscou promover unha reflexión sobre o presente e o futuro do traballo en España, reivindicando unha sociedade na que ninguén quede fose dos dereitos polos que historicamente loitou o movemento obreiro.
Creatividade: Chema Peraos